Persoas con discapacidade integrantes dunha mesa electoral

A Administración ofrece os seguintes servizos gratuítos:

  1. Persoas xordas ou con discapacidade auditiva:
    • Servizo gratuíto de interpretación de lingua de signos, tanto para titulares como para suplentes
    • Servizo gratuíto de bucle de indución magnética para persoas usuarias de próteses auditivas, tanto para titulares como para suplentes.
  2. Persoas cegas, xordocegas, tanto titulares como suplentes, o apoio que determine a Xunta Electoral de Zona.
  3. Persoas con discapacidade intelectual, tanto titulares como suplentes, o apoio que determine a Xunta Electoral de Zona.

Como solicitalo:

Estes apoios solicitaranse á Xunta Electoral de Zona, por escrito e no prazo de sete días desde a notificación do seu nomeamento.

A Xunta Electoral de Zona comunicaralle á Delegación/Subdelegación do Goberno os acordos adoptados e os medios de apoio concreto que haberán de ser fornecidos.

Se quixer presentar escusa:

Lembre tamén que se pode eximir da obriga de formar parte dunha Mesa electoral por causa da situación de discapacidade, declarada de acordo co artigo 4 do Real Decreto Lexislativo 1/2013, do 29 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei Xeral de dereitos das persoas con discapacidade e da súa inclusión social.

A presentación por parte do interesado da declaración de discapacidade, calquera que for o seu grao, abonda para a Xunta Electoral de Zona aceptar a escusa, sen ser necesario achegar certificado médico no que se detallen as limitacións que impidan ou dificulten o exercicio das funcións de membro dunha Mesa Electoral Instrución 6/2011, de 28 de abril, da Xunta Electoral Central(Abrirase unha nova xanela).


Manual Mesa electoral (lectura fácil)