As Cortes Xerais representan ao pobo español, exercen a potestade lexislativa do Estado, aproban os seus orzamentos e controlan a acción do goberno.
Están compostas polo Congreso dos Deputados e o Senado.
Cantos deputados ou deputadas compoñen o Congreso?
O número de deputados ou deputadas é de 350.
A distribución faise do seguinte xeito:
A cada unha das cincuenta provincias correspóndelle un mínimo inicial de 2 deputados ou deputadas.
As cidades de Ceuta e Melilla elixen 1 cada unha.
Os restantes 248 repártense entre as cincuenta provincias proporcionalmente á súa poboación.
O decreto de convocatoria das eleccións concreta o número de deputados ou deputadas a elixir en cada provincia.
Como se elixe aos deputados ou deputadas?
Todos os deputados ou deputadas son elixidos ou elixidas por sufraxio universal, libre, igual, directo e secreto.
En cada provincia elíxense tantos deputados ou deputadas como corresponden, segundo o fixado no decreto de convocatoria.
Os partidos políticos presentan os seus candidatos ou candidatas en listas pechadas e bloqueadas, de forma que o día das eleccións, o elector non pode seleccionar candidatos ou candidatas individuais ou alterar a orde das listas, senón que escollerá a papeleta do partido elixido e introduciraa no sobre correspondente.
Cando se constituirá o novo Congreso dos Deputados?
A data límite para a convocatoria do novo Congreso é ata 25 días despois da celebración das eleccións.