A Xunta Electoral competente para todas as operacións en relación coa presentación e proclamación de candidaturas nas eleccións Xerais é a Xunta Electoral Provincial (artigo 169 Lei Orgánica 5/1985, do 19 de xuño, do Réxime Electoral Xeral).
O Secretario ou Secretaria da Xunta Electoral outorgará un número correlativo por orde de presentación a cada candidatura presentada e esta orde conservarase en todas as publicacións (artigo 46.9 da Lei Orgánica 5/1985, do 19 de xuño, do Réxime Electoral Xeral).
Poden presentar candidaturas ou listaxes de candidatos (artigo 44 e 169.3 da Lei Orgánica 5/1985, do 19 de xuño, do Réxime Electoral Xeral):
Os partidos, federacións ou coalicións que non obtivesen representación en ningunha das Cámaras na anterior convocatoria de eleccións precisarán da sinatura de, polo menos, o 0,1% dos electores inscritos no censo electoral da circunscrición para a que pretendan ser elixidos.
Ningún elector poderá prestar a súa sinatura a máis dunha candidatura.
Os partidos e federacións que establezan un pacto de coalición para concorrer conxuntamente a unhas eleccións deben comunicalo á Xunta no prazo de dez días desde a convocatoria (entre o 31 de maio e o 9 de xuño). Instrución 1/2010, do 9 de setembro, da Xunta Electoral Central, sobre aplicación do artigo 44.2 da Lei Orgánica do Réxime Electoral Xeral no relativo á constitución de coalicións electorais.
Nesta comunicación debe facerse constar a denominación da coalición, as normas polas que se regulamenta e as persoas titulares dos seus órganos de dirección e coordinación (artigo 44.2 da Lei Orgánica 5/1985, do 19 de xuño, do Réxime Electoral Xeral).
As agrupacións de electores e electoras son formacións políticas que se constitúen co aval dun número variable de sinaturas de electores e electoras e só e exclusivamente para poder presentar candidatura nun proceso electoral concreto e determinado.
Polo tanto, non teñen vocación de permanencia ou natureza de asociación e non precisan inscribirse no Rexistro de Partidos Políticos.
Cada agrupación de electores e electoras é autónoma e independente de calquera outra. O seu ámbito espacial de actuación é a circunscrición electoral -sen espazo para candidaturas colectivas nin que abrangan máis dunha circunscrición, nin federacións ou coalicións entre elas- e o seu ámbito temporal de vixencia é o proceso electoral concreto para o que se constituíu, sen que poida estenderse máis aló do mesmo.
Para presentar candidaturas ás Eleccións Xerais, as agrupacións de electores precisan, como mínimo, das sinaturas do 1% dos inscritos no censo electoral da circunscrición na que se presente. Ningún elector poderá prestar a súa sinatura a máis dunha candidatura. Artigo 169,3 da Lei Orgánica 5/1985, do 19 de xuño, do Réxime Electoral Xeral