A Constitución de 1978 establece que a soberanía nacional reside no pobo español, do que emanan os poderes do Estado (Lexislativo, Executivo e Xudicial).
As Cortes Xerais (Congreso e Senado) ostentan o poder lexislativo, o Goberno representa o poder executivo e os Xuíces e Xuízas o poder xudicial.
Corresponde ás Cortes Xerais aprobar os orzamentos, controlar a acción do Goberno e as demais competencias que lles atribúe a Constitución.
Dende a aprobación da Constitución, celebráronse catorce eleccións Xerais: en 1979, 1982, 1986, 1989, 1993, 1996, 2000, 2004, 2008, 2011, 2015, 2016, 28 de abril e 10 de novembro de 2019
Se desexa coñecer o resultado destas eleccións, pode consultar a base de datos do Ministerio do Interior
As eleccións a Cortes Xerais convócanse por Real Decreto, a proposta do Presidente do Goberno e previa deliberación do Consello de Ministros.
No Real Decreto de convocatoria fíxase a data de celebración das eleccións, o número de Deputados e Deputadas que corresponde a cada provincia, a duración da campaña electoral, a data na que se constituirán as Cámaras elixidas e a normativa aplicable ao proceso electoral.
Ambas as Cámaras se reunirán en sesión constitutiva como data límite o 17 de agosto de 2023.
Data límite da convocatoria do Congreso electo (ata 25 días seguintes á celebración eleccións)