O 23 de xullo é día de eleccións.
Se es unha persoa cega ou tes unha discapacidade visual grave e coñeces o sistema braille, podes votar con plena autonomía nas Eleccións Xerais.
Comunícao no teléfono gratuíto 900 150 000 entre o 30 de maio e o 26 de xuño de 2023.
O día da votación poderás recoller a documentación na túa mesa electoral presentando o teu DNI. Esta documentación incluirá a información necesaria en braille.
Ministerio do Interior. Goberno de España.