Se resides temporalmente no estranxeiro, podes votar nas Eleccións Xerais do 23 de xullo.
Debes figurar no rexistro de matrícula consular como non-residente.
Recolle a solicitude na túa oficina consular ou descárgaa en Ministerio de Asuntos Exteriores, Unión Europea y Cooperación(Abrirase unha nova xanela)
Entrégaa co teu DNI ou pasaporte na mesma oficina consular.
Tes ata o 24 de xuño.
Recibirás a documentación no teu domicilio do estranxeiro e poderás enviar o teu voto por correo certificado ata o 19 de xullo.
Ministerio do Interior. Goberno de España.