Con independencia da súa condición individual (xa sexa traballador, pensionista, desempregado…), toda persoa que sexa designada para desempeñar funcións como persoa que integra (tanto titular como suplente) unha Mesa electoral por mor da celebración dun proceso electoral, está especialmente protexida polo sistema da Seguridade Social.
Están protexidas de todos os riscos que se deriven da súa condición de titular ou suplente dunha Mesa electoral e teñan relación directa co desempeño das súas funcións, incluído o accidente “in itinere”, tendo as lesión que puidesen sufrir, a consideración de accidente de traballo.
As prestación ás que se ten dereito son as seguintes:
No caso de ser necesaria a asistencia, o propio afectado ou, no seu defecto, os seus familiares ou as restantes persoas compoñentes da Mesa, comunicarán á Delegación ou Subdelegación do Goberno, coa maior urxencia posible, os seguintes datos:
A Dirección Xeral de Política Interior, en comunicación cos Delegados e Subdelegados do Goberno, encargarase de realizar as xestións oportunas co Instituto Nacional da Seguridade Social a fin de que se axilice a protección a dispensar.
No que atinxe ao resto de prestacións distintas da asistencia sanitaria (prestacións complementarias, prestacións económicas e Servizos Sociais), tamén estas serán postas en coñecemento da Delegación ou Subdelegación do Goberno correspondente.