Comunicación telemática coa Administración

O artigo 14.2. da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas, dispón que están obrigados a relacionarse a través de medios electrónicos coas Administracións Públicas para a realización de calquera trámite dun procedemento administrativo, entre outros os seguintes suxeitos:

  • As persoas xurídicas (partidos políticos e federacións de partidos).
  • As entidades sen personalidade xurídica (coalicións e agrupacións de electores)
  • Quen represente a un interesado que estea obrigado a relacionarse por medios electrónicos coa Administración (Administradores de formacións políticas).

Por iso, deben ter un certificado electrónico da formación política, ou no seu caso obtelo, para se poder comunicar por medios electrónicos coas Administracións Públicas. Pode consultar a forma de obter un certificado a través da seguinte páxina web: https://www.sede.fnmt.gob.es(Abrirase unha nova xanela)

As comunicacións remitidas pola Dirección Xeral de Política Interior realizaranse por vía telemática a través do Cartafol Cidadán, polo que se deixará de enviar comunicacións en papel. O Cartafol Cidadán é un portal web que, de forma sinxela e sen ter que se rexistrar, lle permite coñecer os asuntos que sexan do seu interese en relación coas Administracións Públicas; por exemplo, o estado dos seus expedientes ou as notificacións e comunicacións que reciba. Pode acceder ao Cartafol a través do seguinte enlace:

https://sede.administracion.gob.es/carpeta/clave.htm(Abrirase unha nova xanela)

Ademais, deben remitir a esta Dirección Xeral de Política Interior copia da Tarxeta de Identificación Fiscal desa formación, así como un correo electrónico de contacto ao que lle chegará información relativa ás notificacións. A devandita información, en base á obriga de remitir a documentación por medios telemáticos, terá que se presentar por Rexistro electrónico, facendo uso de calquera das dúas opcións:

En ambos os casos, é necesario dispoñer de certificado dixital para presentar a documentación.