Límites das subvencións por gastos electorais

POR RESULTADOS ELECTORAIS

O Estado, en ningún caso, aboará unha cantidade superior a:

  • A cifra de gastos electorais declarados xustificados polo Tribunal de Contas.
  • A cifra resultante de multiplicar por 0,37 euros o número de habitantes correspondente á poboación de dereito das circunscricións onde presente as súas candidaturas cada partido, federación, coalición ou agrupación de electores.

POR ENVÍOS ELECTORAIS

O Estado, en ningún caso, aboará unha cantidade superior:

  • Á cifra de gastos por envíos electorais declarados xustificados polo Tribunal de Contas.
  • 0,23 euros por número de electores aos que se efectuou o envío de propaganda.
  • Débese xustificar a realización efectiva da actividade, é dicir da remisión dos envíos.