Os españois e españolas que residan permanentemente no estranxeiro e que figuren no Censo de Residentes Ausentes no Estranxeiro (CERA), poderán votar nas eleccións ás Cortes Xerais do 23 de xullo.
As Delegacións Provinciais da Oficina do Censo Electoral remitirán de oficio ao enderezo da inscrición de cada persoa de nacionalidade española inscrita no censo de electores residentes-ausentes que viven no estranxeiro a seguinte documentación:
Sobres de votación
Dous certificados idénticos de estar inscritos no censo de electores residentes-ausentes que viven no estranxeiro.
Sobre dirixido á Xunta Electoral Provincial.
Sobre dirixido ao Consulado ou Embaixada.
Unha folla informativa sobre como exercer o dereito a voto e o enderezo da páxina web oficial onde se exporán as candidaturas e onde estarán dispoñibles os xogos de papeletas descargables.
A relación de centros autorizados para depositar os votos en urna no ámbito da súa demarcación consular.
Impreso para a devolución dos gastos do envío do voto por correo.
Co fin de garantir o secreto do voto, só poderá efectuarse a descarga telemática do xogo completo de papeletas.
O envío da documentación pola OCE deberá efectuarse por correo certificado a partir do día 17 de xuño e ata o 23 de xuño, aínda que a este prazo haberá que sumarlle o tempo que tarde en chegar a documentación ao domicilio no estranxeiro.
A OCE remitirá tamén as papeletas oficiais ao enderezo da inscrición de cada elector residente ausente, a partir do 17 de xuño e non máis tarde do 2 de xullo, naquelas provincias onde non for impugnada a proclamación de candidaturas e, nas restantes, non máis tarde do 8 de xullo.
As oficinas consulares garantirán a dispoñibilidade de papeletas oficiais de voto nos centros de votación, así como de sobres de votación e medios informáticos necesarios para descargar o resto da documentación necesaria para votar durante os días habilitados para o voto presencial.
Deberá seleccionar a súa opción de voto:
Para a elección de Deputados e Deputadas, introducirá a papeleta correspondente á candidatura elixida dentro do sobre de votación de cor branca (ou non incluirá papeleta ningunha se o que desexa é votar en branco).
Para a elección de Senadores e Senadoras, marcará o/os candidatos da súa elección atendendo ás instrucións que se recollen na papeleta. Despois meterá esta papeleta no sobre de votación de cor sepia (ou non incluirá ningunha papeleta se quere votar en branco).
A continuación, no sobre dirixido á Xunta Electoral Provincial, introducirá o seguinte:
Depositalo persoalmente nas urnas dispostas para iso na súa Embaixada ou Consulado ou nos centros habilitados para iso.
Poderá facelo entre o 15 e o 20 de xullo, ambos incluídos.
Deberá entregarlle ao funcionario consular, previa acreditación da súa identidade, o segundo certificado de inscrición no censo e depositará o sobre dirixido á Xunta Electoral Provincial, unha vez o funcionario consular asine no reverso de dito sobre e estampe nel o selo da Oficina Consular no que conste a data do seu depósito.
Remitilo por correo certificado.
Poderá facelo ata o 18 de xullo.
Neste caso, deberá introducir no sobre dirixido ao Consulado ou Embaixada o seguinte:
Sobre dirixido á Xunta Electoral Provincial co seguinte contido
Sobre de votación coa papeleta
O certificado de inscrición no censo, en cuxo reverso constará a sinatura e o número do pasaporte ou do DNI do elector
Fotocopia do pasaporte ou do DNI expedidos polas autoridades españolas, ou certificación de nacionalidade ou de inscrición no Rexistro de Matrícula Consular expedida polo Consulado de España no país de residencia
O outro certificado de inscrición no censo
Se así o desexa, o impreso cuberto para a devolución dos gastos do envío naqueles países onde non se abrisen apartados de correos
Será indispensable para a validez destes votos que conste claramente no sobre dirixido á Xunta Electoral correspondente o selo da Oficina Consular de Carreira ou Sección Consular da Misión Diplomática correspondente, que certifique de modo indubidable o cumprimento dos prazos previstos.
Finalizado o prazo para depositar o voto en urna, todos os votos (recibidos por correo ou depositados en urna) deberán ser remitidos á Oficina que para estes efectos se constitúa no Ministerio de Asuntos Exteriores, Unión Europea e Cooperación, que procederá ao seu envío urxente ás Xuntas Electorais encargadas do escrutinio.
Máis información na Embaixada ou Consulado e na web do Ministerio de Asuntos Exteriores, Unión Europea e Cooperación e a web do INE
Se algún votante do CERA se encontrase temporalmente en España durante a convocatoria dun proceso electoral, poderá solicitar (o mesmo que os residentes en territorio nacional) o voto por correo a partir da data da convocatoria e ata o día 13 de xullo, sen que isto supoña a súa baixa no CERA.
Para isto, deberá cubrir a solicitude dispoñible (en calquera oficina do Servizo de Correos), indicando expresamente a súa inscrición no censo de españois residentes no estranxeiro e dirixila á correspondente Delegación Provincial da Oficina do Censo Electoral. Indicará un domicilio en España onde desexa recibirá documentación.
Se xa se enviou a documentación ao domicilio de inscrición no estranxeiro, enviaráselle un certificado de inscrición coa marca “DUPLICADO”.
Recibida a documentación electoral no enderezo de España que sinalase na solicitude, o elector enviará o seu voto por correo certificado á Xunta Electoral Provincial, non máis tarde do 19 de xullo.
Estes electores e electoras non poderán votar persoalmente na Mesa electoral.