Amplíase o prazo para depositar o voto por correo do persoal militar embarcado ata o 20 de xullo, sempre que o depósito dos envíos se realice antes das 14 horas na oficina principal de Correos en Madrid (oficina de Cibeles)
O persoal dos buques da Armada, mariña mercante ou frota pesqueira de altura, abandeirados en España, que teña que permanecer embarcado dende a convocatoria das eleccións ata a súa celebración e que durante dito período toque portos, previamente coñecidos, no territorio nacional, poderá exercitar o seu dereito ao sufraxio da forma seguinte:
A través do servizo de radiotelegrafía, correo electrónico, fax ou por calquera outro medio que poida habilitarse a estes efectos, poderase solicitar da Delegación Provincial da Oficina do Censo Electoral onde o interesado estea inscrito, o certificado de inscrición no censo.
Na mensaxe faranse constar os seguintes datos:
No caso de que poida recibir a documentación electoral por medio doutro buque, indicarase na radiomensaxe o armador, consignatario ou buque onde debe ser enviada. Para os efectos de solicitude do voto por correo, os servizos de radiotelegrafía dos buques terán a consideración de dependencias delegadas do Servizo de Correos e os Comandantes e Capitáns ou o Oficial no que expresamente deleguen a de persoal encargado da recepción da solicitude.
A Delegación Provincial da Oficina do Censo Electoral correspondente, unha vez comprobada a inscrición do interesado, considerará a todos os efectos como recibida a solicitude e procederá a remitir a documentación pertinente ao porto ou, no seu caso, armador, consignatario ou buque que o elector designase xa o seu nome.
Recibida esta documentación, procederá a remitir por correo certificado e urxente, dende calquera dos portos no que o buque atraque, a documentación electoral, á Mesa electoral en que lle corresponda votar.
Para o exercicio do dereito do voto por correo do persoal das Forzas Armadas destacado fóra do territorio nacional, en operacións relacionadas coa seguridade e defensa de España e dos seus aliados, no marco de organizacións internacionais das que España forme parte, así como para contribuír ao mantemento da paz, a estabilidade e seguridade e apoiar a axuda humanitaria, dende a data da publicación da convocatoria e ata a súa celebración seguirá o seguinte procedemento:
O Comandante do buque ou o Xefe da Unidade remitirá a relación do persoal que desexa exercer o seu dereito de sufraxio ao Director Xeral de Persoal do Ministerio de Defensa, a través do xefe do Estado Maior da Defensa e dos Xefes de Estado Maior dos Exércitos e a Armada.
Por cada solicitante farase constar:
O Director Xeral de Persoal do Ministerio de Defensa, a partir da data da publicación da convocatoria no boletín oficial correspondente e antes do décimo día anterior ao da votación, dará traslado desta relación á Oficina do Censo Electoral que as remitirá ás súas correspondentes Delegacións Provinciais.
A Delegación Provincial da Oficina do Censo Electoral correspondente, unha vez comprobada a inscrición do interesado, considerará a todos os efectos como recibida e procederá a remitir a documentación correspondente á Dirección Xeral de Persoal do Ministerio de Defensa para que, polo procedemento máis urxente posible, a faga chegar ao destinatario.
A continuación procederá a exercer o seu dereito ao voto unha vez recibida a documentación á que fai referencia o punto anterior. Dos votos emitidos farase cargo o Comandante do buque ou Xefe da Unidade, que os custodiará, garantindo a súa seguridade, integridade e secreto, ata que sexan recollidos polo encargado do seu transporte a territorio nacional. A Dirección Xeral de Persoal do Ministerio de Defensa fará chegar os votos recibidos á Sociedade Estatal Correos e Telégrafos, antes do segundo día previo ao da celebración das eleccións, quen os remitirá con carácter urxente á Mesa electoral correspondente.
As persoas internas en Centros Penitenciarios que non estean privadas do dereito de sufraxio, votan por correo, seguindo o seguinte procedemento:
Nos Centros Penitenciarios exporanse ante a poboación interna as normas electorais que regulamentan o voto por correo, e organizaranse sesións informativas de explicación e aclaración do procedemento de votación.
Para isto, o Director de cada Centro Penitenciario –ou a persoa a quen este delegue- solicitará nos tres primeiros días dende a publicación da convocatoria á Sociedade Estatal de Correos e Telégrafos, que un empregado deste servizo se desprace nunha data determinada ao Centro, cos impresos de solicitude de certificado para o voto por correo que puidesen ser necesarios para que, alí mesmo, sexan cubertos polos internos que queiran exercer o seu dereito ao voto.
En caso de non ter DNI, bastará co Documento de Identidade Interior, sempre e cando nel apareza a fotografía da persoa titular.
A Oficina do Censo Electoral deberá remitir ao Centro Penitenciario no que se atope o recluso ou reclusa, sobres e papeletas suficientes que lle serán entregadas persoalmente polo servizo de Correos.
O elector ou a electora elixirá a papeleta correspondente, introduciraa no sobre (ou non incluirá papeleta ningunha se o que desexa é votar en branco), e este, noutro sobre que irá dirixido á Mesa electoral que corresponda.
O servizo de Correos fará chegar estes sobres ás correspondentes Mesas electorais o día da votación.