A atribución de escanos en función dos resultados do escrutinio realízase conforme ás seguintes regras:
A elección dos 208 senadores que se elixen mediante sufraxio universal, libre igual, directo e secreto realízase da maneira seguinte:
O electorado pode dar o seu voto a un máximo de:
3 candidatos e candidatas nas circunscricións peninsulares. 2 en Gran Canaria, Mallorca, Tenerife, Ceuta e Melilla. 1 nas restantes circunscricións insulares.
Posteriormente, son proclamados electos ou electas aqueles que obteñan maior número de votos ata completar o total de senadores e senadoras de cada circunscrición.
A papeleta é de cor sepia, única para cada circunscrición e común para todas as candidaturas.
As candidaturas ordénanse na papeleta segundo os resultados obtidos nas anteriores eleccións, e os candidatos e candidatas, dentro de cada candidatura, pola orde que libremente estableza a propia candidatura. O elector pode poñer a cruz no recadro que aparece xunto ao candidato que prefira, independentemente do lugar que ocupe dentro da candidatura.
Os electores poden dar o seu voto:
A un máximo de 3 candidatos e candidatas nas circunscricións provinciais. A un máximo de 2 en Gran Canaria, Mallorca, Tenerife, Ceuta e Melilla. A un máximo de 1 nas restantes circunscricións insulares.
Os candidatos e candidatas elixidos polo elector non teñen necesariamente que pertencer á mesma formación.
A papeleta, segundo o número de candidatos e candidatas presentados en cada circunscrición, pode ter diferentes tamaños e os candidatos e candidatas poderán ir relacionados en ambas as dúas caras da papeleta (anverso e reverso)
Os votos poden ser válidos ou nulos.
Considérase voto válido:
depositado na urna coas esixencias legais.
O voto en branco é:
É nulo o voto emitido en sobre diferente do modelo oficial ou alterado; ou papeleta diferente do modelo oficial, alterada, rota ou esgazada; así como o emitido en papeleta sen sobre; e aquel no que non poida dilucidarse a vontade do electorado (por exemplo, sobre que conteña máis dunha papeleta de distintas candidaturas).
No suposto de que o sobre de votación conteña máis dunha papeleta da mesma candidatura, computarase como un só voto válido.
No caso de eleccións ao Congreso dos Deputados e Deputadas, serán tamén nulos: os votos emitidos en papeletas nas que se modificasen, engadisen ou riscasen nomes dos candidatos e candidatas ou se alterase a súa orde de colocación, así como aquelas nas que se producise calquera outro tipo de alteración (como por exemplo, no símbolo da candidatura).
No caso das eleccións ao Senado serán tamén nulos os votos emitidos en papeletas nas que se sinalasen máis de tres nomes nas circunscricións provinciais, máis de dous nas circunscricións insulares de Gran Canaria, Mallorca e Tenerife e nas poboacións de Ceuta e Melilla, e máis dun no resto das circunscricións insulares.
Serán computados como válidos aqueles votos emitidos en papeletas que conteñan un sinal, cruz ou aspa ao lado dalgún dos candidatos ou candidatas, na medida en que estas non teñan transcendencia ou entidade suficiente para considerar que con elas se alterase a configuración da papeleta ou se manifestase reproche dalgún dos candidatos ou da formación política á que pertenzan.