Sabes que pasará co teu voto o día das eleccións?
O día das eleccións, os electores e electoras poden votar de forma presencial na mesa que lles corresponda, entre as 9 da mañá e as 8 da tarde.
Ás 8 da tarde, o presidente ou presidenta da mesa electoral anuncia en voz alta que remata a votación e a continuación:
Permitirá votar aos electores e electoras que estean dentro do local electoral ou no acceso ao mesmo.
Introducirá na urna os sobres de votación enviados por correo.
Votará el mesmo, os vogais e os interventores acreditados perante esa mesa e non permitirá o voto de ninguén máis.
O escrutinio dos votos
Remata a votación e comeza o escrutinio dos votos.
O presidente ou presidenta abre a urna e vai sacando os sobres un a un.
Le en voz alta a candidatura votada. Mostra a papeleta a vogais, apoderados e interventores.
Recóntase o número de votos obtidos por cada candidatura e o presidente anuncia:
Número de electores/as censados.
Número de votantes.
Número de votos nulos.
Número de votos en branco.
Número de votos por candidatura.
Resólvense posibles protestas e reclamacións.
Destrúense todas as papeletas de votación, agás as consideradas votos nulos e as que fosen obxecto de reclamación.
Estas papeletas asinaranse e incluiranse na documentación electoral que a mesa debe entregar ao xulgado de primeira instancia ou de paz. Expídese a acta de escrutinio e con ela faise o seguinte:
O orixinal colócase na entrada do local electoral.
Entrégase unha copia a:
Representante da administración.
Representantes das candidaturas.
Apoderados/as.
Interventores/as.
Do mesmo xeito, realízase o escrutinio das eleccións ao Senado, aínda que en lugar de candidaturas, o presidente ou presidente le o nome dos candidatos que están marcados cunha cruz.
Esténdese a acta da sesión e repártense as copias aos representantes das candidaturas, apoderados/as e interventores/as que o solicitaren.
Destino final da documentación
A documentación electoral distribúese en 3 sobres:
Sobre 1
Orixinal da acta de constitución da mesa. Orixinal da acta da sesión e documentación á que esta faga referencia: listas do censo electoral, lista numerada de votantes, papeletas nulas e protestadas…
Sobres 2 e 3
Copia da acta de constitución da mesa. Copia das actas da sesión.
Os sobres 1 e 2 serán entregados persoalmente polo presidente ou presidenta e os/as vogais e interventores/as que o desexaren na sede do xulgado de primeira instancia ou de paz, en cuxa demarcación estea situada a mesa.
A forza pública acompañará e, se for preciso, facilitará o desprazamento destas persoas.
Nas dez horas seguintes á recepción da última documentación, o xuíz ou a xuíza desprazarase persoalmente á sede da xunta electoral de zona, onde fará entrega, baixo recibo detallado do sobre 1.
O sobre 3 será entregado por un ou unha vogal da mesa electoral ao representante de Correos que acudirá á mesa para recollelo. Unha vez entregado este sobre conclúen as funcións do vogal que permanecera no local electoral para estes efectos.