Voto CERA

Vivo fóra de España. Como solicito o voto por correo?

Nestas Eleccións Xerais, as Delegacións Provinciais da Oficina do Censo Electoral remitirán de oficio ao enderezo da inscrición de cada persoa de nacionalidade española inscrita no censo de electores residentes-ausentes que viven no estranxeiro a seguinte documentación:

  • Os sobres de votación

  • Dous certificados idénticos de estar inscritos no censo de electores residentes-ausentes que viven no estranxeiro.

  • Sobre dirixido á Xunta Electoral Provincial.

  • Sobre dirixido ao Consulado ou Embaixada.

  • Unha folla informativa sobre como exercer o dereito a voto.

  • A relación de centros autorizados para depositar os votos en urna no ámbito da súa demarcación consular.

O envío da documentación pola OCE deberá efectuarse por correo certificado a partir do día 17 e ata o 23 de xuño, aínda que a este prazo haberá que sumarlle o tempo que tarde en chegar a documentación ao enderezo no estranxeiro.

A OCE tamén enviará as papeletas oficiais ao enderezo da inscrición de cada elector residente-ausente, a partir do 28 de xuño e non máis tarde do 2 de xullo, naquelas provincias onde non fora impugnada a proclamación de candidaturas e, nas restantes non máis tarde do 8 de xullo.

Introduza no sobre dirixido á xunta electoral provincial:

  • Os sobres de votación coa súa opción de voto.

  • Un certificado de inscrición no censo.

  • Fotocopia do pasaporte ou do DNI expedidos polas autoridades españolas ou certificación de nacionalidade ou de inscrición no Rexistro de Matricula Consular expedidas polo Consulado de España no país de residencia.

A partir de aquí pode:

Depositar este sobre persoalmente nas urnas dispostas para tal fin na súa embaixada ou consulado entre os días 15 e 20 de xullo.

Ou enviar este sobre por correo certificado ata o 18 de xullo. Neste caso, deberá introducir no sobre dirixido ao Consulado ou Embaixada o seguinte:

  • Sobre dirixido á Xunta Electoral Provincial co contido xa indicado.

  • O segundo certificado de inscrición no censo.

  • Se así o desexa, o impreso cuberto para a devolución dos gastos do envío naqueles países onde non houbese aberto un apartado de correos.

Finalizados os prazos, efectuarase o envío urxente de todos os votos (recibidos por correo ou depositados en urna) ás Xuntas Electorais encargadas do escrutinio.

Máis información na Embaixada ou Consulado e en www.exteriores.gob.es(Abrirase unha nova xanela) e www.ine.es(Abrirase unha nova xanela)